A auga é un
ben escaso que debemos protexer, e nas Mariñas luguesas tanto se protexe que o
mesmo pozo se cerra cunha especie de casota circular, de tellado cónico, para
evitar que nada caia ó seu interior, xa sexan cousas da terra ou do aire.
Neste pozo de Foz, tamén se coroa o
teito cun símbolo apotropaico, unha especie de pináculo con catro flores, unha
cara cada un dos puntos cardinais, unha especie de rosáceas que nos lembran a
semente da vida e a súa expansión xeométrica a través dos espacio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario