Por Andrés Terra
A néboa deitouse
No colo do val:
Pillouna dormida
O sol matinal.
(1984)
| Por Lola Fernández |
![]() |
| José M. Cao Luaces |
Ademais de icona da medicina e da farmacia, a serpe
estaba asociada á fecundidade. Teñamos en conta que ela era quen comía pequenos
roedores que estragaban os silos, onde se gardaba a semente e o gran, chegando
algunhas a ser animais de compaña xa na antiga Grecia.
Do
culto á serpe quedaron varias mostras en distintos petroglifos galegos así como
na coñecida pedra da Serpe de Gundimil, aínda que coa chegada do cristianismo,
de clara influencia hebrea, a serpe foi asociada ó mal, e tal vez daí naza esa
crenza misóxina segundo a cal, se se lle arrinca a unha muller un pelo con
raíz, e se deixa nunha poza de auga clara, ese pelo acaba convertido en serpe. Non
obstante, non sempre a Igrexa conseguiu desterrar antigos costumes relacionados
con estes animais, como é o caso de algunhas poboacións dos Abruzos, en Italia,
onde na procesión de Santo Domingo, a principios de maio, lévase a imaxe do
santo cuberta de cobras vivas porque é avogoso contra as súas mordeduras.
Contrariamente
ó que poidamos crer, a serpe nin sequera na Biblia foi sempre animal maligno,
pois Deus como remedio contra unha praga destes ofidios que causara moitas
mortes, mandoulle a Moisés facer unha de bronce
para que os enfermos que a visen sandasen (Nm 21, 4-9), converténdose en
obxecto de culto relixioso, a quen se lle ofrecía incenso, ata que a destruíu o
rei Ezequías durante a súa reforma relixiosa (2 Re 18, 4); claro que isto ocorre
nunca rexión próxima a Canaán onde a serpe era adorada como símbolo de
fertilidade asociada á deusa fenicia da fecundidade Astarté. É esta creo que é unha
evidencia de que o libro dos Números foi escrito antes de que os hebreos trocaran
de opinión, e polo tanto, antes de que se redactase o libro da Xénese onde a
serpe se nos presenta como encarnación do demo incitador do pecado, imaxe que
chega ata nós convertendo a este animal nun símbolo do maligno.
Ando a
ler “Descanso de caminantes”, de Adolfo Bioy Casares, texto entre diario e
libro de notas, publicado por Daniel Martino dous anos despois da norte do
autor. Entre outras cousas atopo
aquí esta información: Hay versos que
sabemos de memoria porque los aprendimos a lo largo de la vida … por ejemplo:
“En el cielo las estrellas, / en el campo las espinas, / y en el medio de mi
pecho / la República Argentina” … el autor de los versos se llama José Piñeiro
y era gallego. Fue colaborador de “Caras y Caretas” y era poeta del barrio
donde vivía…![]() |
| José Piñeiro |