mércores, 17 de xuño de 2015

Lemos, fillos de dona Mencia



A nobreza dos Lemos vén xa da familia dos Castro, de quen son descendentes.
Son estes unha rama daqueles que pasou a vivir a Portugal, onde tomaron o apelido da bisbarra de onde eran orixinarios. Pero cando o rei don Henrique IV casou coa infanta portuguesa dona Xoana, filla do rei don Duarte, viñeron para a corte de Castela dez damas portuguesas no seu séquito, e unha delas, dona Mencía de Lemos, filla de Gómez Martinez de Lemos, esforzado capitán da armada que gañou para o rei portugués terras e dominios mouros, casou cun dos capitáns casteláns e asentaron o seu poderío nas terras galegas, tomando por escudo as trece aroas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario