luns, 8 de xuño de 2015

Vilandrado, o que come co rei.



Estaba o rei de Francia gobernando nunhas terras que asediaban e afogaban ó rei castelán por un lado mentres que polo outro tiña ós mouros, e se pretendía expandirse cara un lado, viñan os outros a comerlle terreo. E así estaba o bo home, preso nos seus dominios. Ata que un nobre valeiroso da familia dos Vilandrado se ofreceu a abrirlle un fachinelo por algún sitio, e foise contra o francés recuperando aquelas terras para o rei castelán, quen, en agradecimento lle ofreceu o que lle pedise, e o nobre valeiroso, desprendido, fiel e nada egoísta, só pediu comer un día co rei á súa mesa. Mais o rei, en agradecemento, non só lle concedeu o pedido senón que tamén lle deu a vila e as terras de Ribadeo

Ningún comentario:

Publicar un comentario