Outro apelido da nobreza
orixinario de Galicia, que teñen amplas propiedades en Castela mentres que aquí
xa non lles queda nada son os Mexía. O primeiro de quen se ten noticia con tal
apelido era García Díaz de Mexía, señor de Mabegondo, Santalla de Canáns, Mesia
e Sarandóns, quen casou cunha sobriña do arcebispo don López de Mendo, un
sevillano que mandou facer a coruñesa Colexiata de Santa Maria.
Resalta nesta familia o
cabaleiro don González de Mexía que serviu ás ordes de don Henrique levando por
escudo tres bandas azuis sobre campo de ouro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario