Tráfico en Quito |
Claro é que se comprenden as ghanas
que a xente ten de saír, de cambiar de paisaxe, de respirar outros aires...
pero non haberá xeito mellor de tal
faser? Parese que non, pois a vida do currante ten esas limitasións das que
caresemos aqueles que xa non curramos... e porriba, non temos veículo para nel
montarmos... a non ser que aparesa alghún amigho caritativo, que sempre o hai
(e non miro para ninguén).
Alghún dia falei da ialma que a Igrexa
Católica (unha de tantas escolas de superstisión que no mundo hai) aghora lles
recoñese aos animais (non sei se a todos, pero a varios deles que,
supostamente, están nun nivel superior: cans, cabalos, ghatos, monos,
euqueséi... E estoutro dia falaban do amor que transmiten as olladas dos cans:
vaia novidade! E tamén aquí haivos clases e clases: trataríase dos cans superiores,
eses de toda a vida, non eses que pululan nas nosas sidades e máis paresen
peluches que cans, ou aqueloutros que a nesedade humana creou con malghusto
abondo...
Ben, pois está clarísimo que eses
ollos, entre melancólicos e querendóns, transmiten algho indefinible que axuda,
e canto, ás xentes enfermas, ás persoas sanitariamente carensiadas. Aí tedes a
hipoterapia ou tratamento cabalar que diría eu, que non é unha terapia de
cabalo, selvaxe, como poderíades pensar, senon un tratamento baseado na
interacsión home-animal através do tacto ou da vista. E logho estanvos os que
acarisian as plantas, que, tamén, iso din, teñen a sua sensibilidade ou alma e,
seique, tratadas con cariño ou agharimo medran, desenvólvense mellor, cresen
máis sás e visosas.
En fin, que moito nos resta por
deprender, por exemplo, vendo esas boas mulleres que teñen unha forsa ou se
cadra máis adecuado chamarlle resistensia que pasma: primeiramente parindo,
mais tamén carghando os cativos, fasendo os traballos domésticos (o que disía a
documentasión dantano: labores propias do
seu sexo... que a mín de sempre me pareséu outra cousa)... e ata soportando
o peso do braso do home, que tantas veses vemos pola rua apoiado na mulleriña,
maiormente cando ela e máis baixa e se presta para tal carghamento.
E, como disía o outro, en tempos
recuados o home de serto nivel sosial, o señorito, vaia, non podía andar sen
sombreiro ou chapeu; despois veu o sinsombrerismo revolusionario... e
aghora tedes os rapases que, moitos deles, levan ghorra ata para durmiren... a
curda, válghamedéus, que de voltas dá o mundo... e que non deixe de xirar o
noso planetiña é o que hai que pedir maiormente, que non é o mesmo un ouropel
que un pelouro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario