Na hora de parir,
recomenda a xente entendida na materia que axuda no parto poñer debaixo da
almofada a chave da casa, e sempre a estampa coa imaxe de san Ramón Nonato,
aquel santo que naceu estando súa nai morta, e hoxe é a invocación máis común
para pedir axuda nos partos.
Segundo recolle o
doutor Rodríguez López, se durante o parto se coloca unha flor nun vaso de
auga, esta irá abrindo a medida que vai saíndo o recén, e unha vez nacido, o
cordón umbilical da nenas sempre se deixa máis longo co dos nenos, para evitar
que no futuro a nena teña hernias durante os seus embarazos.
E un remedio usado
nos partos para conter a hemorraxia que se pode producir no parto, é colgarlle
ó pescozo da parturiente unha saquetiña cun sapo vivo, e aquí debemos lembrar
tantas e tantas figuras do románico nas que o sapo representa o sexo feminino.
E asemade lembramos o
costume recollido por Taboada Chivite, referente ós partos complicados, aqueles
nos que o perigo leva a sospeitar algún problema futuro para o recén nacido, quen
nos conta que se lle mete á criatura o pico dunha pita polo ano, e se a pita
morre o neno non sufrirá polas dificultades habidas.
E despois de parir veñen os coidados á nai
E despois de parir veñen os coidados á nai
Ningún comentario:
Publicar un comentario