xoves, 4 de xuño de 2015

Hórreo na Sionlla




   Non sei se será porque Santiago é onde a chuvia é arte ou porque a chuvia en Santiago e comarca é unha constante que mete medo aínda que ó final, nin tanto nin tampouco, pois, como queira que sexa hai entendidos en meteoroloxía que aseguran que é máis a fama que a verdade dos números pluviométricos. Máis a pesar disto, aquí vai este hórreo de A Sionlla, entrando en Santiago pola estrada da Coruña, onde se ven os amplos aleiros do tellado, os que, evidentemente, só se poñen para evitar que a chuvia pase polas regañas dos claros, que neste caso son de madeira, facendo podrecer o froito.
     Dicir que esta tipoloxía repítese noutros hórreos da zona.
         

Ningún comentario:

Publicar un comentario