Hera nunca puido ver
a Hércules, o fillo do seu esposo, habido, como sabemos, dunha das súas
relacións extramatrimoniais, e daquela, aproveitando que o heroe estaba
pelexando coa hidra de Lerna, cortándolle cabezas que volvían a reproducirse
facendo inútil todo o seu esforzo, a deusa, con maliciosa sorna mandoulle ó
xigantesco cangrexo Carcinos para facerlle máis difícil o labor, para que lle
mordese nos pés impedíndolle o tento, pero o heroe, facendo uso da súa forza
sen remilgos, pisou ó cangrexo aplastándoo, e logo seguiu pelexando coa hidra,
e por consello do seu sobriño e amigo Iolao queimando o pescozo ata cauterizar
a ferida de cada cabeza que cortaba para que esta non se reproducise.
E agora aí están,
paseando polo ceo o cangrexo ó lado da hidra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario