luns, 22 de xuño de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




Estoutro dia falaba das marcas comersiais. Esta noite, fasendo sapin, puiden novamente comprobar canta parva publisidade hai na teuvé.
Porque se é serto que hai premiasións para os bos esqueches publisitarios, e a fe que os hai bos, debería haber un outro concurso para o máis malo (como aqueles premios laranxa e limón), no conxunto dos que se consiben, realisan e emiten coidando que a xente é parva ou, cando menos, directamente direcsionados cara os parvos que poda haber entre esa xente.
Así, a queimarroupa, vedeaí alghúns ghrupos deses anunsios babosos.
As afeitadoras que acarisian os caretos masculinos -co seu complemento nos produtos de depilasión feminina-, sempre a (tentar) demostrar que o último modelo supera con vocasión definitiva ao anterior... o que che fai dedusir que calquer dia virá outro ainda mellor, co que de definitivo nada (a cousa é faser caer no consumismo compulsivo a aqueles seres que teñen o esnobismo de estar á última)... e, para pior, que se caíche no gharlito de comprar o anterior modelo... cagháchela (rogho desculpen o deslenghuado que me poño por veses).
Pero é que iso pasa cos sepillos de dentes (ou escobas que din os visiños do sul) e coas cremas  dentífricas, cos deterxentes, cos adelghasantes, e coas cremas coidapeles ou rexuvenesedoras. E os coches? Mirade que hai marcas a cal máis tentadora... pois aquí, ademáis das chamadas prestasións, tamén se apunta á estética (deseño e cor do aparello), dado que un coche, como os frascos de perfume ou as botellas de viños e licores, é tamén unha obra de arte, para que neghalo...

Ora, eu aposto á utilidade do tal vehículo... como de sempre pensei que os reloxios de pulso-xoias son unha outra chamada ao sitado esnobismo, que converte algho utilitario (como pasa co automóbel) en algho feito para desfrutar esteticamente (o cal, por frívolo que paresa, non deixa de ser lexítimo, para que enghanarnos) ou para fomentar a envexa (nada sá) dos outros.
Aghora que dixen frascos de perfumes, venme á cabesa, torturando os meus (non tan) castos oídos, eses eslóghanes dos aromas industriais, propiamente estranxeiros, ditos na linghua orixinal, pero de tan rebuscado xeito, que maldito o que se entende e mesmo cun sotaque sobreactuado que dá noxo: iso non é inghlés nin fransés, ca! E se non que llo perghunten ao chefe da comuna, espesialista en idiomas vivos, pináculos e cansorros.
Se tornamos ao deseño dos continentes (botellas ou gharrafas, frascos, potes, caixiñas) daremos co mundo dos envoltorios diversos: bolsas, papeis de reghalo, etiquetas... que tamén conlevan arte... e polas etiquetas reghresamos ás marcas que tan mal me traen, decataríadesvos!
E en falando de marcas, marcas o que son marcas sonvos as tatuaxes, cada volta máis omnipresentes. A verdade é que non o teño claro: se ben me poderían ghustar alghúns pequenos ghravados en determinadas sonas do corpo, nada me ghorentan eses deseños invasivos que máis que adornar tapan, ocultan unha pel se cadra ben máis ghostosa canto máis limpa ou baleira.
E tamén o tema dos afeites ou maquillaxes, cando se exaxeran, ou o das alfaias que por veses mancan ou pesan a quen as porta, xa non dighamos os pirsins, outros que poden estar ben na orella, pero cheghan a ser aghresivos na boca, na línghua, no sexo...
Mesmo as roupaxes poden cheghar a seren ridículas, desaxeitadas ao físico concreto da persoa, desfavoresedoras: é aquilo tan repetido dalgunha señora que tal como vai, máis parese que a vestíu o seu inimigho... Cousas veredes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario