luns, 15 de xuño de 2015

Na hora de parir




              Xa queda lonxe aquel tempo en que a mortalidade na hora do parto levaba a nais e fillos en moi alta proporción, e tal vez por iso, o toque de campás que se adoitaba facer nas vilas cando se sabía que unha muller estaba dando a luz, invitaba ós fregueses a rezar por ela, un costume que perdurou ata tempos recentes, sen embargo, recórdanos Taboada Chivite, que o concello de Santiago prohibiu tal costume xa no ano 1841.
              E un consello que vén de vello é non mercar o berce antes de que naza o neno ou nena, porque iso atrae a mala sorte.
             As entendidas nestes mesteres, aconsellaban, para facilitar o parto, que a muller vestise roupa do marido, beber auga na que se coceron plumas de paspallás ou tapar a barriga coa pel dun carneiro recén sacrificado, segundo recolle Taboada Chivite, e segundo o doutor Rodríguez López, o parto é máis doado se se colga do peito da muller un dente de porco, ou se bebe auga en que se coceu un oso de defunto. 
 Outros remedios preventivos son:

Ningún comentario:

Publicar un comentario