mércores, 3 de xuño de 2015

Os Pardo, os da aguia coroada



Ó parecer, ata nas ruínas da destruída cidade de Sagunto apareceu unha inscripción coa palabra Pardo, polo que non faltou quen lle outorgase a esta nobre familia unha orixe que se remonta á antigüidade clásica, aínda que a fama comezou cos Pardo de Galicia cando un Aznar Pardo pasou a ser mordomo do rei aragonés don Pedro, a quen axudou na batalla das Navas de Tolosa. Sempre batalliñas polo medio, pero este recompilador de datos, despois de ver a tantos nobres na batalla das Navas de Tolosa, supón que aquela foi a batalla de todas as batallas pois nela non faltaba ninguén e dela todos sacaron proveito e  adornos para o seu brasón.

Sexa como sexa, que para algo están as lendas e de lendas se trata neste apartado, os Pardo, a quen outros lle outorgan orixe xudía e ata grega, son definidos polo Licenciado Molina como unha casta nobre, que ten por armas unha aguia negra coroada sobre nun campo colorado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario