Acordábame
estoutro dia o mal visto que está “falar do tempo” no asensor ou na tenda...
considérase vulghar ou, por mellor disir, deserebrado ou parvo... pois non,
meus caros!
É
esa unha conversasión ou comunicasión de abolengho milenario: ou é que non
vivimos no planeta?
O
tempo que fixo ou que fai ou que vai faser é algho primordial na vida do home
(e da muller, xa sei): serto que non o é tanto na rotina vilegha como o é na
rural, pero...
Se
o labregho vive de asertar co clima, e non traghar nin demasiada nin escasa
augha do seo... o vilegho, en xeral, a única vantaxe que lle vé á augha é a de
limpar o aire, mais... se de viaxar se trata, qué incordio, meus santiños,
canto cambia ver unha sidade con e sin chuvia!
Si,
xa sei que están os amantes da chuvia (Santiagho sublimouna con aquel seique
lírico eslóghan),orballo, aughaneve e neve... pero, insisto, qué incordio para
os viaxeiros, para empesar, para os sapatos dos viaxeiros.
Cambiando
de tema: non tedes reparado nesas familias que lle chaman aos fillos todos con
nomes que comesan coa mesma letra? Eu ben coñeso restes de irmáns con E (non
vos é polo chiste do Aduardo, non), así: Eduardo, Eladio, Emilio, Eufrasio,
Elixio... Eugenio (o que rompería se for Uxío) ou Euloxio (non Uloxio, como non
Uropa)... pois haber hainos...
(Tamén
ighrexa, inferno e inquisisión empesan todas co mesmo I).
Logho
estánvos as etiquetas da roupa, maiormente as dos vaqueiros (pensar que os
vaqueiros levámolos os que nunca coas vacas lidamos... ighual que cabaleiros
somos tamén os que nunca nun cabalo montamos), pois esas etiquetas en coiro
(non encoiro) son ben doadas de arrincar (a diferensia da raís do toxo verde).
Porque eu, confésovolo, o que son eu, e perdoade, néghome a faserlles
propaghanda ghratuita aos fabricantes de roupa.
Que me disides
das camisetas (esas que antes se levaban por dentro, cabaliña roupa interior) e
hoxe pasaron a ser roupa exterior? Eu sigho neghándome a levalas, por moi en
bogha que esté darse fachenda coa “marca de prestixio” (cando non é
falsa); iso é, bogha ou moda da parvise:
paghar pola prenda e, porriba, faserlle publisidade, non ho! A min nesa non me
pillan... pillaranme noutras, téñoo clariño... Para iso xa están os equipos das
equipas futbolísticas e bós cartos que lles paghan aos ghichos tales!
E
en falando de publisidade: os escaparates ou vidreiras dos comersios (tiven
unha amighola brasileira que ria acachón cando escoitaba escaparate, soáballe a
alghún peixe, se cadra o escarapote)... pois xa nin os das librarías, que eran
os únicos que chamaban por min, nin para eses
miro... dado que libros non podo comprar, nin me collerían neste cativo
espaso da miña pesa de okupa, e, para ficar coas ghanas...
E iso, por seghir cambiando de
tersio, dos “barones” (ou baróns) da política: moita ghrasia me fai linguaxe
tan contaminada de monarquismo, sobre todo cando meten ás mulleres no mesmo
saco, pois nunca oín disir baronesas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario