O 25 de julho de 1984 tivo lugar en Sam Domingos de Bonaval, ao tempo do que outras na cidade de Compostela, a conmemoraóm do Día da Pátria armada polo partido PSG-EG, aquela volta co engadido da chegada, o mês anterior, dos restos de Castelao, con todo o problema que iso conlevou, e tendo entom, tdas elas o signo dun desagrávio das forças nacionalistas.
As intervenóms dos políticos e intelectuais foron entremesturadas coa leitura de fragmentos da obra ideológica do Guieiro e coa de alguns textos, lavrados para a ocasión, por diversos criadores literários, entre eles, este que hoxe reproducimos, da autoría de Uxio Novoreyra, que decidimos ofrecer en facsimile ós nosos leitores, sen por isso deixar de transcrevê-lo, dada a leitura dificultosa do texto orixinal.
Castelao, nacionalista galego
Estamos eiquí a celebrar o día da Patria Galega
i a rendir homenaxe a Daniel Rodríguez Castelao,
cuios restos foron traguidos pola Xunta de Galicia i o Parlamento Galego e depositados eiquì, e Santo Domingo de Bonaval
en ceremonia restrinxida pra unhos poucos e diles apenas nacionalistas,
cando debera ser aberta e precedida dunha gran convocatoria a toda a nación galega.
Xa todos sabemos o que pasou...
Os restos de Castelao, como todo, podían ser e foron manipulados polo poder.
Mais Castelao solo veo realmente pra nós,
pros que queremos unha Galicia Ceibe,
pros que sólo temos unha patria: A Patria Galega,
pros que sólo nos sabemos e sentimos pertenecentes a unha nación: A Nación Galega,
inda que sintamos a outros pobos irmaos
dada a sua prousimidade e longa convivencia con nós.
Il veo pros que só comungamos onde realmente se comunga, se é común con outros,
se é patria e nación con outros:
na propia lingoa, na lingoa galega.
Castelao era un nacionalista galego. E como tal, conscente.
da sua propia patria, da súa propia nación, da súa propia lingoa,
de todo o que é mais sagrado porque é o mais fondamente propio
e nos ven de lonxe, cáseque dende sempre, dos antepasados nosos que así nos fixeron i en nós prevalecen.
A él non lle cambearon como a outros galegos lles cambearon a patria.
Os restos de Castelao, nacionalista galego, foron traguidos polos que se confesan e profesan de non nacionalistas
(algús xa de vello, outros dende hai pouco)
e quixeron pechar o Nacionalismo Galego
meter e pechar o Nacionalismo Galego eí, baixo a lousa de Santo Domingos de Bonaval,
xunto cos restos do seu líder histórico máis conocido e querido
e de pensamento mais actuante
e co’iles enterrrar a nosa esperanza.
O noso máis grande e salvador soño coleutivo:
a libertade e recuperación de Galicia,
da súa cultura e da sua total decisión.
É xa hora que señas Terra patria dos teus
dos que gardaron a Fala en que máis se dixo “adeus”
e señas dona de ti e señora de falar,
señora de decidir e dona de se negar.
A traguida dos restos de Castelao foi unha nova consagración de Bonaval.
Eu pídolles a todos os galegos que o sepan e se queiran merecentes do su nome
que veñan eiquí, a Bonaval, polo menos unha vez,
e que traigan ramos e frores e produtos da Terra pra consumir todos xuntos,
con cántigas e bailes, múicas e gran romaría calquer día do ano.
Pídolles ós que xa non preregrinan á Tumba do Apostol
que pergrinen á Tumba de Castelao
como deseo mostrado e sino de voluntá dunha Galicia Ceibe. E que esta tumba esté de contino esposta.
A cámara aberta noite e día
pros que veñan facer auto de soño, a decisión interior pola salvación,
pola libertade e comprimento da Nación Galega.
E que, namentras inda nono señan, se afirmen na seguranza de que os tempos serán chegados.
Uxío
Novoneyra
Ningún comentario:
Publicar un comentario