A Virxe do Carme nos petos de ánimas
Desde que a Virxe se lle apareceu a Simón Stock no
monte Carmelo, ofrecéndolle o seu escapulario coa promesa de que aquel que
morrese con el ó pescozo non sufriría as penas do purgatorio, o escapulario
carmelita, consistente nun simple anaco de hábito da orde, converteuse en
amuleto protector. Sen embargo, houbo que agardar ós reformadores da orde, a
Tereixa de Xesús e Xoán da Cruz, para que as promesas e virtudes da posesión de
tal escapulario se popularizasen, sobre todo entre aquelas profesións de risco,
como os mineiros, quen por traballar tan nas profundidades da terra temían que
a desgracia os collese máis próximos do inferno ca do ceo. E daí pasou a ser
amuleto dos mariñeiros, por razón semellante, sen embargo, a Virxe do Carme non
aparece como patroa de ningunha parroquia mariñeira ata ben entrado o século
XX. Nótese que os patróns das parroquias
mariñeiras acostuman a ser apóstolos que tiñan por profesión a pesca.
Pero
unha imaxe que aparece con frecuencia, é a da Virxe do Carme, salvando almas
das chamas do purgatorio en grande cantidade de esmoleiros e petos de ánimas
espallados por toda a xeografía galega, abundando estes en terras arredadas das
ribeiras mariñas, facendo así, máis universais as virtudes do escapulario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario