Neste
caso vemos un hórreo de mediados do século XIX, e a ave, que semella unha pomba
coroa a cruz. Unha pomba que, como sabemos, garda relación coa esperanza, pois
son as aves que cruzan o ceo coas primeiras luces da alba, son elas quen
primeiro vén e proban os gromiños verdes dos campos e son elas as que, segundo
a tradición lle dan forma á alma dos finados, como pasou con santa Eulalia que
deixou saír unha pomba da súa boca antes de expirar ou santa Escolástica, que
cando morreu liberou a súa alma para que voase con forma de pomba cara o ceo.
A
pomba tamén é a forma que toma a terceira persoa da Trindade, o Espírito Santo
para anunciar a presencia do Mesias. E a pomba é, asemade un dos símbolos da
fidelidade conxugal. Pero aquí, neste hórreo, entendemos que cumpre coa
simboloxía apotropaica da fartura, como un elemento protector do gran que aquí
se almacena e como invocación a que del nazan moitos brotiños verdes para
alimentar ós seus propietarios e a todas as aves do ceo.
A data gravada no lintel seguramente sexa 1868, non 1858.
ResponderEliminarInteresante e desconcertante apuntamento. Para os que non estamos ó día das técnicas epigráficas, ¿podías aclararnos o porqué desa data? Grazas.
ResponderEliminar