A
cera é maleable, recuperable, funcional e eterna (ou case). Precisamente por eterna non
ten prezo, pois un anaco de cera pode ser reciclado por tempo indeterminado, ata
sacarlle un rendemento difícil de calcular.
Tanto vale para facer velas e cirios como exvotos, serve para tapar un
burato ou para selar unha botella de viño (preguntádello a Lázaro o de Tormes). E o control de toda esa materia
prima, amarela como o ouro, estivo e segue estando, maioritariamente, na man da
Igrexa, que, sen desprezar ó vil metal sabe que esta atrae moedas como un imán ó
ferro.
Ti ofréceste a un santo para que che cure a dor de cabeza, mercas unha imaxe de cera que deixas a carón do correspondente intercesor coa divindade, e cando a curia a recolle, pode volver a vendela para uso de outro devoto, sen perder esa forma ou dándolle a de calquera outro membro do corpo, como pode derretela para facer velas para alumear ó santo. E ata a mesma lágrima de cera que cae pola vela, é recuperable, de maneira que aquel anaquiño de cera que custou unhas moedas, volvera a cobrar vida e recadar esmolas per saecula saeculorum.
E así é que a cera, nas mans da curia resucita como os finados, pero sen agardar ó último día.

Ningún comentario:
Publicar un comentario