Unha vez visto que me aghuantades,
tratarei de non vos enghedellar de máis e fareino sendo algho máis breve. Pero
antes de máis nada, desculparedes o patinaso do Korruntxo anterior, cando
comentei que cortiña era o diminutivo de corte: podería selo gramaticalmente…
mais non o é semánticamente, pois cortiña é unha porsión de terra cultivable,
nada que ver, daquela, coa corte do ghando…
Ao que íamos: a mín xa me chocaba o
do banco Espírito Santo… ignorantiño que é un (así en diminutivo parese menos
ghrave), pois resulta que Espírito Santo é o apelido dos donos… vaites! Estes
portugheses, postos a escoller apelido sonvos do máis beatos que no mundo hai…
Que se De Jesus, que se Da Conceiçao, que se do Nascimento, que se do Espírito
Santo… ou Da Assunçao… todo relasionado con eses mitos relixiosos… que me
perdoen os crentes!
É como a banca vaticana,
vaiapordéus, que aghora don Fransisco tenta amañar… xa veremos en qué queda… E
en falando do Vaticano… vaia invento do feixismo italiano que foi el! Faser un
estado da sede dunha ighrexa… madia leva! Tanto que se ten dito de que o papa
debía seder todo aos pobres, previa venda, pero… a verdade é que a quen o tería
que seder ou vender ou subhastar a preso de saldo se acaso, é á sidade de Roma,
pois patrimonio italiano é, ou non?
O do Vaticano (escasos 0’50 km.2) lévame a outros estados de
opereta (que non é o mesmo que as repúblicas bananeiras, pero tampouco é tan
diferente dada a condisión de paraísos fiscais que moitos deles adoitan tere…),
tales Mónaco (1’50 km.2, o estado-casino con ese nome italiano de monxe, a
outra cidade-estado), que veñen sendo os dous casos extremos…
…ou San Marino (61 km.2, o estado-outeiro), Liechtenstein
(con 160 km.2 xa semalla un xighante, con ese nome case impronunsiable), ou
Malta (316 km.2! o estado-illa con nome de bebida), como Ghranada (344 km.2!
con nome de froita, que os inghleses desghrasiaron en Grhenada, como á Florida
lle chaman Flórida, manda truco!), e non dighamos, xa metidos en illas, das
Bermudas (53 km.2, con nome de pantalóns)…
Cánto absurdo, digho eu, de illas (Micronesia, Polinesia…
pequenas Antillas…) por esa condisión independente que non son máis que xoghete
dos estados grhandes, por aquilo dos peixes que se comen entre eles… e elas
mesmas pouco ou nada ghobernables por ese carácter espallado…
Pero disto xa vos contarei outro dia, e non me sexades
negativos á hora de me calificar, mirade todo o anterior como un divertimento
sin moito righor, tirando a caricaturesco, que seghirei practicando mentres os
inquilinos leghais do blogue faghan a vista ghorda… E non me negharedes que
hoxe vos aumentei os coñesimentos un bo pedaso,
a modo, ho!
Ningún comentario:
Publicar un comentario