domingo, 20 de xullo de 2014

Chanzos protectores



Sen ser patín, estas escadas na porta dunha edificación, que neste caso é unha caseta para gardar ferramentas e apeiros de labranza na zona de Meira, así como algúns productos do campo, impiden que os animais que deambulan pola aldea poidan subir e entrar. É polo tanto un indicativo de que dentro hai algo que necesita ser protexido. Do mesmo xeito estes chanzos que aparecen saíndo dun muro en Muxía, serven para acceder as persoas e ó mesmo tempo impedir que os animais accedan ó lugar de cultivo e estraguen o traballo dun ano. Son dúas formas de protexer os bens da codicia dos animais.



Ningún comentario:

Publicar un comentario