venres, 11 de xullo de 2014

Versos ó xeito popular (X)

Por Andrés Terra

Inda o martes cara á Cruña
Parei por ver Santa Cruz…
Eu non sei o qué sería:
¡Cando cheguei era luns!
            Moitas veces mo dixeron
            E máis tenmas de dicir:
            ¡Eu non che sabía o conto
            De que toleaba por ti!
Namoreime dun recordo
E o tempo pasou, pasou…
Cando te vin ao regreso
¡ai, fume do meu amor!

(1973)

Ningún comentario:

Publicar un comentario