mércores, 23 de xullo de 2014

O KORRUNTXO DO OKUPA







    
        Houbo un tempo imperial no que as ensiclopedias españolas adoitaban poñer, por exemplo: Shakespeare, Guillermo. Se cadra era coa sá intensión de fasilitar as cousas ao consultor, mais… un está tan afeito aos hábitos colonisadores que se dá a pensar mal, por se aserta… Os que desidían coidaban que se puñan William a xente non se ia inteirar e, de paso, era unha oportunidade que nin pintada para por as palabras paghanas en cristiano… É como se os inghleses puxesen Anthony Machado ou Edward Pondal… vamos!
            Este dia, o xefe do blog –que eu diría que  me vai aseptando como okupa, será por non dar arghumentos aos antisistema?-, falábame de Migheliño Campovello (ou sexa Mike Oldfield) e eu disíalle que non estaría de máis aghudisar as entendedeiras dos que nos len –non sei cántos serán se é que son- con asertixos similares. A ver: quén é Sabeliña Xastre? Pois Liz Taylor; do Tomé Cruseiro (Tom Cruise) xa falamos aí atrás, pero restan moitos tales: Guillermito ou Mito Ferreiro (Willy Smith) ou Xanciño Limón (Jack Lemon), Fina Forneiro (Josephine Baker) ou Xan da Fonte (La Fontaine)… e así ata o cansansio… só por dar nomes de xente da farándula ou da fábula, de onte e de hoxe: se queredes, seghímola noutra
            Aghora que os anghlicanos, eses católicos nada romanos, tan seus como todo o british, van ter bispas (non vespas), haberá que chamarlles monseñoras ou pode que mesdames (nom madames!), a saber… Isto lévame á miña proposta do anterior Korruntxo: traspasarlle a Roma os monumentos vaticanos: xa xurdiron voses contrarias, e na propia casa, a miña muller (como diría o inspector Colombo) que me di que ia ser da xefatura católica, que se as ovellas, en procura do pastor (ou peghureiro) deixarían de ir encher as arcas do Sacro Tesouro sin por iso enghrosaren as do itálico, bo, bo! Eu non dixen de desterrar ao señor papa, pois el alí ficaría, pero en condisións de alughado ou mesmo de okupa, por que non, mediante un convenio co estado para repartiren os gholosos inghresos do turismo pio ou menos pio…
            Pio, pio, dirá o paxaro de turno, para pio eu… pois si, hom, e por serto, como di o David Navarro sin que veña a conto: que non falte o humor, mesmo nos xornais, onde esta parsela está moitas veses salvando a machacona colecsión de desgrasas que nos pasan polo fusiño cada vintecatro horas. Xaquín Marín ou Pinto e Chinto, e últimamente o Andrés Meixide, co seu Thom e o seu (non) asalariado porsino Cholo… 

          
23/07/2014
Pinto e Chinto en "La Voz de Galicia"
Tróuxome isto á memoria, mellor dito, levoume a tempos recuados con tiras como Blondie (Lorenzo e Pepita) ou Henry (o cómic  mudo que chamaban Sero Pelo, véxase a mostra,), como, ben máis acá, Mafalda ou Hägar The Horrible (que por aquí fixeron Olafo el viquingo). Cántos bós momentos lles debemos a estes xenios (aqueles catro galegos e estoutros tres ianquis e un arxentino) e tantos outros que con contados trasos son quen de plasmar estados anímicos e faser aflorar o sorriso cando non hai moitas rasóns para el!

Ningún comentario:

Publicar un comentario