domingo, 14 de setembro de 2014

O KORRUNTXO DO OKUPA



            Corasón… corasón… palabra tan usada e abusada. A verdade é que o seu éxito nas línghuas romanses é incomparable… porque ata soa ben na poesía (aderesado con espiña ou cravo). Cal sería, se é lísito procurar tal, a rasón desa fortuna?

            Supoño que o feito de ser o motor do orghanismo e estar no peito e latexar con máis forsa ou velosidade cando se resiben as emosións –positivas ou neghativas- tería grande parte nesa fortuna.

            O home –e a muller, por suposto!- movéuse de sempre por falsas apresiasións que moito despóis a siensia foi desmentindo. Así sóubose que todo o relasionado cos pensamentos e os sentimentos está no serebro, verdadeiro sentro nervioso dese orghanismo. Mesmo o sexo, onde a imaxinasión faino case todo.

       
     Unha mistificasión máis é o fenómeno chamado “revistas do corasón”: nelas faise desender o antano nobre órghao ao nivel –tan respeitable, ollo!- da entreperna… cando non ao deplorable mundo das finansas… e máis ao tan humano sistema das aparensias sosiais, famoseo ou ghuaperío.

            Noutro extremo da corda está a popular e kitsch imaxinería relixiosa católica –aí está a aghudesa musulmá proibindo as imaxes, para que logho falen…- mostrando ela con morbo, moito morbo!, os corasóns saídos do corpo de Cristo e María (este con puñais a xogho). Mirade que é de mal ghosto ostentar esa vísera como eles o fam!

Claro, imaxinade por un momento que usasen o serebro para ese fin, mostrándoo obsenamente: non sería tan estético, se cadra…

Non quero apenas mensionar outros aspectos máis ben noxentos tales as práticas das sivilisasións americanas pretéritas extraíndo o corasón dos corpos sacrificados… ou aquel patolóxico costume de a viúva conservar na casa o corasón do finado, do que na historia ghalegha temos un sélebre exemplo.

Entre tanta corasonada, eu quédome cos duros corasóns ou osos ou carosos das froitas abondo máis inosentes, ou os máis moles corasóns de sertas hortalisas.


Por serto, daqueles que me están permitindo okupar, non podo disir que caresen de corasón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario