martes, 2 de setembro de 2014

O KORRUNTXO DO OKUPA




            Aproveitando que os donos marcharon para a aldea (ainda hai xente que ten aldea!) e que o munisipio anda a faser ruido cas obras da rua ao pé noso (esperemos que non só ruido) e utilisando o moito que aprendín nos meus anos de albanel ou pedreiro (enxeñeiro en paro por Cambre… quero disir Cambridge), que foron case todos os da miña axitada vida laboral… pois iso, desidinme a levar adiante o que tiña longhas noites arghallado.

            Si, a construsión foi o meu, por sorte xubileime antes da burbulla, que se non… aínda así, o meu problema ven da nesesidade de me apartar da vivenda conxughal, por iso non houbo cartos para duas e non habendo pais que me aturasen, aquí me tedes de okupa… Pensar que todos eses anos tiven unha ocupasión desente… claro a que aghora teño é unha okupasión, que é outro significado de ocupar: unha cousa é okupar e moi outra ocuparse, nonsí? Os ghramáticos a estes verbos chámanlle a un activo e ao outro reflexivo, ou algho paresido… onde van os meus cativos coñesementos escolares, os sinco aniños que tal cursei!

            Aghora tamén me ven á cabesa o de tantos millóns de compatriotas –compatriotas desta patria que é o mundo todo- que nin de okupas poden exerser e isto contando que foron eles os ocupados: meus coitados, por aí siscados en tendas, ben diferentes ás de campaña que se dedican ao puro praser… por máis que eu maldito o praser que tirei a única ves que nunha desas carpas durmín… as costas malladas foi o que tirei, abofé!


            Pois toda esa maré humana en todas as latitudes, fuxidos das gherras máis diversas, unhas desatadas por fanatismos relixiosos, outras por ambisións económicas, e tamén polas duas sinrasóns xuntas… ai! Que peniña de seres humanos que somos…

            Bó, a todo isto non vos contaba, enghedellado nestas cavilasións supostamente ideolóxicas, o que fixen (aproveitando que… etc.): pois o que fixen foi un buratiño, máis ou menos cadrado, de unha cuarta por banda… para ver o mar! Toliño estou cas vistas! Leghal, leghal non será, pero creo que aos donos do conventillo os favorese –non deixa de ser unha mellora-, e évos un xeito de lles paghar o teito que me fasilitan.

            Aghora teño que rematalo ben rematadiño, cousa de que a augha do longho inverno non se coe por ninghunha reghandixa! Comprométome, por estas sardiniñas en conserva da Illa, que ando a catar nestora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario