martes, 23 de setembro de 2014

O KORRUNTXO DO OKUPA



                                                           Quen na nosa vesindade
                                                           Vive con desenvoltura…
                                                           ¡Para qué lle chaman cura
                                                        Se é a mesma enfermedade!

           E eu que xa me via como un okupa distinghido –ou distinto, que din os portugheses-, e ven aghora o Tio Rouco –rouco me vire se minto!- (Toni de Villalba para os amighos- e apoltróase na sua solene cadeira arsobispal e no seu castelo de pegha matritense… Bó, xa sempre dixeron que deusnoslibre de ghalegho con mando, madia leva! E logho din que o anticlericalismo está demodé!
            A raís deste cativo suseso púxenme a cavilar no dano que, ao meu modesto ver de miope, teñen feito as relixións na historia da Humanidade, meténdolle medo e sensasión de culpabilidade a tododiós. Tamén non vos quero ser maniqueo, supoño, como pasa coas ditaduras, alghún ben tamén farían, pero… Cada dia atráenme máis os practicantes desas supostas anticuadas crensas panteístas que ven, máis que deuses, forsas misteriosas en todas as manifestasións da naturesa… é como máis natural crer tal, valla a redundansia. O outro, o que nos venderon como máis avansado, o monoteísmo do carallo, sábeme a algho como monolitismo ou totalitarismo: ou estás comigho ou estás contra de min… sin matises ninghúns.
            Ese mesmo varrer cos da outra banda, armando gherras, onte os autoproclamados cristiáns, os sedisentes musulmáns hoxe, é proba do fanatismo ao que leva a crensa nun dogma fora do cal todo é falso e, por tanto, meresente de destrusión. Moito máis tería que disir, pero xa cheghará o día…

            Évos como o conto da tradisión: como a Constitusión española, é saghrada… nin tocalas! Faime ghrasia escoitar estes días aquilo que semella universalmente asumido, das nasións que forman o Reino Unido, e aquí parés que non hai tales nasións… Pois a tradisión haberá que peneirala e non tomala como algho inalterable: é como que todo o de fora é malo… optándose, tantas veses, por aseptar só o malo e non o bó que de fora ven! (Xa sei que isto de bó ou malo vai en pareseres…).
            E así non damos sacudido o ofisialismo nas prosisións católicas (nun estado laico), nin as festas selvaxes (touradas e similares) ou parvas e porcas (tomatinas ou “viñotinas” a se enmerdaren os deserebrados con total aleghría): menos mal que na nosa Terra temos festas ben máis xeitosas, como a aughavai de Vilagharsía ou as enfariñadas de Lasa e outras tantas que se me escapan… e entre nós as touradas van a menos cada ano: lástima de bois! que sentensiara Castelao.
            Tornando ás festas relixiosas, na Coruña –onde pasei este último verán, porque serei okupa pero ghrasias a aforrar en vivenda podo me permitir alghúns diíñas de leser, inda durmindo nos bancos das prasas-, na Coruña, disía, seique andan doentes os visiños da Sidavella, por lles rebaixaren a virxedorosario en favor do sanxoán (ou seoane que dixían os nosos anterghos): que se conformen, homiños!, con faser do rosario unha festa barrial e que asepten a outra selebrasión paghana universal, arteiramente disfarsada de efeméride cristiá. Por iso, moi ideolóxico me pon a cheghada do outono!

Ningún comentario:

Publicar un comentario