martes, 2 de setembro de 2014

Santo Antolín.



       
            En certa ocasión, cando estaba admirando o entorno de santo Antolín de Toques, preto de Melide, acercóuseme o cura por detrás e sentenciou: “Se na terra hai lugares tan fermosos, que non haberá no ceo”.   
        Santo Antolín, que ademais de crego era unha especie de médico que curaba a cegos, coxos e xordos, ten a súa celebración no día dous, exactamente no día das calendas de setembro, ou cando en Roma celebraban a festa en honor de Xúpiter, o deus que usaba raios na vez de frechas. Pois ben, tamén el, en certa ocasión, tivo algo que ver coas armas arroxadizas, cando o rei Sancho de Navarra andaba de cacería detrás dun xabaril, o animal meteuse dentro da igrexa que rexentaba o bo Antolín (daquela aínda non era santo), e cando o rei, sen portar pola advertencia de que non se poden disparar armas dentro do templo quixo abater ó animal, o brazo do monarca quedou paralizado. Porque mentres o deus romano usaba dos raios con furia e maldade, o santo cristián evitábaos coa forza da súa crenza.
            Ou iso din.

Ningún comentario:

Publicar un comentario