Ademais
dun recipiente para o caldo, a sopa ou o café, a cunca é unha medida de
capacidade.
Cabe na cunca o equivalente a
1/16 de ferrado raso, sendo esta unha medida que varía segundo o lugar e que
pode ir dos 12 litros
no concello de Touro ós 24 que se dan na Laracha; pero o máis común é o
equivalente a 16,15
litros que se aplica en 36 municipios coruñeses.
Como vedes, esta non é candidata
a estar na “Oficina de Pesas e Medidas de París”, pero funcionou como funciona
aínda hoxe a libra ou a pulgada no mundo anglosaxón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario