Así lle chamou alguén a esta
fonte que hai na illa de Sálvora, “a fonte dos embarazos”, e o malo é que nolo
dixo despois de que todos, homes e mulleres, apagásemos a sede nela, “que quen
bebe desta fonte queda embarazado”. Así, sen pedilo nin desexalo, á traizón, e
tamén sen a presencia de ningún santo protector ou mediador a quen
encomendarse.
Dáme a impresión de que é unha
desas lendas graciosas que se inventan para engarguelar a turistas paspáns,
pero eu, por se acaso, agardo os meses de rigor para ver que se resolve
nalgunha das nosas sedentas acompañantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario