martes, 4 de novembro de 2014

O KORRUNTXO DO OKUPA



Neste domingho de defuntos –que non deixando de ser efeméride de orixe relixiosa ten adoptado un carácter case sivil ou laico- penso, unha ves máis, nos absurdos efemerídicos da sosiedade española. Por qué a xente vai aos semiterios no dia anterior, dándolle preferensia aos santos descoñesidos –porque iso son todos os santos- sobre os defuntiños coñesidos do dia seghinte?
Está a sinrasón de que o dia un é festa católica que segue vixente, e así se canalisa ese dia ás incautas e irreflexivas xentiñas polos vieiros mortuorios… E por qué se adoita selebrar os santos dos familiares e amighos sobre os aniversarios do natalisio ou cumpreanos, aqueles non tan persoais como estes, que son as verdadeiras e personalisadas datas dos individuos? Pola mesma sinrasón: qué Pilar dá marxinado ese  solenísimo dia do seu santo en benefisio do humilde dia da sua cheghada ao mundo?
É que a relixión impregna ou preña de tal xeito a nosa sosiedade que mesmo os non relixiosos non se dan liberado –se é que sequera o procuran- da milenaria inersia beateril do santoral católico.
Aghora tamén estanvos a revivir tradisións máis ou menos traghables –por serto, non tan selvaxes como as touradas e outras da xeoghrafía española- tales o samaín (ghálogüin por mal nome british) ou manter e resiclar outras como o entruido, que se algunha rasón tivo en tempos de oscurantismo ou represión, hoxe, con esas liberdades cando menos formais que posuimos, parese ter perdido aquela finalidade de se seudo rebelar ou burlar a xente do poder absoluto dos de en riba…
E non é que hoxe nos podamos considerar liberados, na medida en que a liberdade é unha utopía que nos axuda a, ilusionándonos, sermos máis felises, pero non é como antano, que che ia a vida na ostentasión de ideas opostas ao poder dominante. Se algho se debería conservar e aumentar, pero en toda época do ano, maiormente no miolo das campañas políticas, son, na nosa sercanía, os apropósitos e demáis críticas humorísticas populares.
Será tamén, non o negho, que un non é moi festeiro e bota no mesmo saco as poeirentas e retróghradas romaxes e as verbenas de músicas alleas e perralleiras, como os entruidos e as cada día máis baleiras festas dúplises da fin do ano, desde o hortera santacláus até os relambidos beléns, máis semellantes aos medievais contos infantís que a calquera evocasión relixiosa seria e respetable: é algho como aquilo que disíamos aí atrás sobre o impúdico e kitsch corasón das imaxes católicas ou o que non cheghamos a disir sobre a europeisasión da realidade semita dos protaghonistas da Biblia -ese conxunto de libros que, no tocante ao Vello Testamento, non é máis que unha historia impura e dura dos xudéus, con insoslaiables cumes literários- que os cristiáns adoptaron insensatamente, cando lles debéu cheghar co Novo Testamento, que ten abondo para roer…
Pero todo isto non vos hai deus que o revirta… e se non perguntádello aos revolusionarios franseses do desaoito, aos rusos do vinte ou aos cubanos de hai sincuenta anos…
(Seique me estou escorando perigosamente cara á iconoclastia ou irreverensia contra o establesido… e calquera dia me chaman a atensión no pisiño que, de momento, seghe a desfrutar e sufrir este okupiña).

Ningún comentario:

Publicar un comentario