domingo, 23 de novembro de 2014

San Clemente



            A pesar de ser bautizado polo mesmísimo san Pedro, Clemente houbo de deixarlle paso a outros dous antes de sentar el na cadeira de Roma; pero se algo é importante neste papa, é que a el se lle debe un importante documento no que se pon de manifesto a autoridade que a súa figura tiña sobre as comunidades cristiás e como exhorta ós fieis a obedecer ós superiores.
            Os seus consellos en pro da unidade para que non andasen dicindo que eran partidarios de Pedro ou de Paulo, deulle ós cristiáns o poder da unidade, cousa que non lle gustaba ós dirixentes políticos do momento, e polo que o emperador Traxano mandou a un dos seus xenerais a poñer orden, e este, vendo que os cristiáns ademais de funcionar como unha unidade estaban dispostos a defender a súa fe ata a morte, fixo que tirasen ó seu dirixente, a Clemente, como xefe que era de todos, ó mar, cunha ancora amarrada ó pescozo, razón pola que lle renden culto os barqueiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario