E se
o culto á Diana cazadora, dentro dos límites do Imperio Romano, non se perdera de todo, neste século VII en que viviu o santo, o noso
eremita si era un verdadeiro protector dos animais.
Estaba
desesperado Dogoberto, o rei, por non poder practicar o seu deporte cando un
acusón que non podía faltar, pediu audiencia para sinalar a Florencio como o
causante do desespero do monarca, ó agocharlle os animais, polo que o rei o mandou
chamar para pedirlle contas. E cando o bo eremita chegou ó pazo real, o
primeiro que atopou foi á filla de Dogoberto que era muda e cega, e só con
tocala devolveulle a vista e a fala; pero non foi isto o que sorprendeu ós
cortesáns, senón que, como ninguén o mandou sentar nin lle recolleu o manto,
Florencio, vendo un raio de sol que entraba por unha fiestra, colgou del o seu
manto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario