Andaban
por aqueles tempos a trompadas os do norte cos do sur, uns coa cruz por
bandeira e os outros coa media lúa. A cuestión era que había entre as dúas
nacións uns terreos que se prestaban moi ben para sementar o pan que pedían os
súbditos de cada un dos monarcas en lide, e daquela eran terras moi apreciadas
por uns e por outros.
Por
tal motivo, uns e outros coincidiron no campo de batalla, agardando ó amencer
para sacar armas e pelexar por aqueles ferrados de terra; pero mentres tanto,
os capitáns de cada exército retiráronse a preparar a estratexia de antes da
batalla, e daquela o rei dos cristiáns, reuniu a todos os seus cabaleiros e
serviulle a escasa comida que tiñan; unha fonte de troitas gaiadas, ou sexa,
asadas ó espeto. A verdade era que, coa que lles agardaba para o día seguinte, fuxiu
o apetito de todos eles, que máis comían por compromiso, por non facerllo un
feo ó anfitrión e por non amosar o medo que tiñan. Todos agás un mercenario de
orixe xermano, a quen o monarca, vendo como amontoaba espiñas, díxolle que, de
tantas troitas que comese así tantas cabezas de mouros lle traería. E a pouca
fame fuxiulle ó instante. Contou as espiñas do prato, e por cumprir co pedido
real, ó remate da batalla trouxo nun saco tres cabezas de mouros.
Escudo dos Gaioso na catedral de Lugo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario