Por Pura Tejelo
O ceo, un teito rosáceo
como nun cuarto de nena.
Paredes de irregulares cumes
afondan a veiga
no transcurso do río.
Unha cadencia de chopos desarborelados
cadros inconscientes na hora extrema
sobresaen da lámina esluída.
Luces inesperadas
xorden dun lixeiro insomnio.
Tras o balcón da lumieira
barrotes de ferro penduran
dunha sombra negra que cae.
Vai perdéndose o roibén cincento
e un lume novo acende os furados da noite.
(De Diálogos da Montaña e o sol)
Ilustración de P. Losada |
como nun cuarto de nena.
Paredes de irregulares cumes
afondan a veiga
no transcurso do río.
Unha cadencia de chopos desarborelados
cadros inconscientes na hora extrema
sobresaen da lámina esluída.
Luces inesperadas
xorden dun lixeiro insomnio.
Tras o balcón da lumieira
barrotes de ferro penduran
dunha sombra negra que cae.
Vai perdéndose o roibén cincento
e un lume novo acende os furados da noite.
(De Diálogos da Montaña e o sol)
Ningún comentario:
Publicar un comentario