Por se ós namorados que ledes este
caderno, non vos chegan os avogosos de toda a vida, esta santa patroa dos
namorados en Gales, adiántase por case un mes ó san Valentín. O que demostra
que no santoral ninguén ten a exclusiva, aínda que si pode ter maior fama.
Cóntase dela que viviu no século V,
e namorouse dun mozo pero o pai xa decidira que ela levaría unha vida de
completo e virxinal celibato, polo que a moza, ante tal dilema, se obedecer a
seu pai ou ó seu corazón, pregoulle a Deus unha solución, e Deus, atendendo a
súa pregaria, mandoulle un anxo cunha poción milagreira para que, en dándolla ó
mozo, este se convertese nunha estatua de xeo, de maneira que podía telo cerca
sen xacer con el, amalo sen consumar o amor carnal, e sen recibir ningunha
satisfacción a cambio, só o frío que o xeo outorga, polo que se converteu na
patroa dos amores verdadeiros, que polo visto son aqueles nos que se ama sen
contacto e sen sentir ningún pracer físico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario