martes, 6 de xaneiro de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA



Eu creo, penso ou coido, tamén acho (un chisco lusófilo ou portughálico)… palabras todas que se usan e abusan para expresar as sertesas de un, sin ser categhórico, nunha espesie de delicadesa expresiva que acaba por ensinar a orella. Pois está visto que cando alghén di EU COIDO ou OPINO MODESTAMENTE, BAIXO O MEU HUMILDE PUNTO DE VISTA… está, paréseme, disindo EU SEI QUE ISTO É ASÍ, e logho enghade DITO SEXA CON TODO RESPEITO E SEN AFÁN DE OFENDER… e, deseghido, chámalle ladro ao inimigho de turno!
Sonvos fórmulas utilisadas con pretendida ou pretensa intensión diplomática que, moitas veses, remata por non ser tal, se ben hailles que recoñeser boa vontade ou vocasión pasifista. Claro é que noutras ocasións, ese EU PENSO ou EU CREO realmente si está expresando ou exprimindo unha dúbida. Dighamos que, a primeira vista, semella contraditorio disir CREO (verbo usado para confesar a fe en algho ou en alghén) para manifestar unha dúbida, que non acaba por ser fe. Tamén é serto que, no fondo, PENSO e CREO, malia o seu uso indistinto, difiren abondo, pero os falantes somos así de difusos ou confusos.
Como contraditorio é que aquela fe cara a un mito ou invento humano, quero disir, cara a mentira que leva implísita, xunto a unha dose de verdade (sexa dito con todas as reservas) toda fábula ou mito relixioso, por moi lírico ou mesmo conmovedor que el for, é contraditorio coa arte que deu lughar a eses milleiros de templos e estatuas, de monumentos e imaxes, pintados e esculpidos, cando non musicados ou literaturisados, que constitúen o aservo cultural máis valioso da sivilisación universal.
E canto sanghe e bághoas, torturas e morte non se aghochan tras esas chamadas marabillas da arte e da construsión humanas de todos os tempos… Pensade por un momento en qué restaría da creasión do home en eliminando ou borrando da fas da terra todo elemento artístico baseado ou motivado polas diversas relixións que o home inventou: desde as pirámides exípcias ou sentroamericanas, ate o cristo de Dalí, desde os libros das antighas crensias ate as obras do Renasemento, desde as catedrais osidentais ate os templos orientais, desde o canto ghreghoriano ate os ghospels…
E xa non falemos da arte que se supón en espectáculos tradisionais, sin irmos moi lonxe, como as touradas mediterráneas ou as outras anterghas diversións populares que se defenden como patrimonio cultural e histórico… cando deberan ficar nas crónicas dos séculos pasados como mostra de que non todo o tradisional é digno de ser conservado, que porque se veñan fasendo desde a noite da Humanidade (costumes deghradantes cara á muller, pena de morte…) non teñen por qué se manter hoxendía. Esa suposta arte das touradas que deu orixe a outras artes, como a pictórica dun Ghoya ou dun Picasso, ou a literaria dun Lorca (destinada a un matador que tanta fortuna acadou e que na actualidade apenas é contrapesada por aquel eslóghan: O mellor toureiro é o toureiro morto! Ou, como dixera Castelao: Lástima de bois!, por máis que a mera existensia de bois xa implica outra caste de crueldade cal é capar a un macho de calquera espesie… como cruel é, ben mirado, comermos o corpo dun becho calquera!).

Ningún comentario:

Publicar un comentario