venres, 23 de xaneiro de 2015

Os Saavedra de Lugo, os primeiros capitáns contra a mourería



           Aínda que a orixe deste nobre apelido se remonta ós tempos de Hércules, segundo algúns mitómanos teñen dito, e máis aínda ó poñelo como descendente directo de Calígula, a verdade é que o señor Fernán de Saavedra, que tiña castelo no actual concello de Begonte, foi un esforzado cabaleiro que pelexou e morreu en Guadalete, deixando viúva e dous fillos, dos que o primoxénito, Don Arias Fernández de Saavedra acompañou a don Pelaio en Covadonga portando como armas identificativas da súa liñaxe un escudo en que, sobre campo de prata amosa tres bandas axedrezadas en gules e ouro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario