sábado, 24 de xaneiro de 2015

Anxiños siameses




   Que no ceo teñen cabida toda clase de anxiños, queda demostrado pola longa variedade de retablos en que os atopamos empuñando ferramentas de todas as profesións e en todo tipo de situacións. Incluso os nenos siameses teñen un lugar no ceo, ou na Gloria, como vemos nesta figura atopada na catedral de Tui. Unha curiosidade máis para esa grande variedade de anxos que decoran e acompañan ós santos das igrexas
       

Ningún comentario:

Publicar un comentario