martes, 13 de xaneiro de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




Xa mo disian meus fillos putativos, Martín Andrés e Teresa Inés (que traballan no Cortinghlés): Pai, teste que pór ao dia co selular, admitir que o móbil é impresindible, xa verás cando o nesesites e non o teñas, etc., etc. Pero non. Cadro que en veses pode solusionarche a vidiña, mais ainda así, un coiote solitario –que non chegha á categhoría de lobo, para que enganarnos!- de pouco presisa para sobrevivir neste mundo traidor.
Con disirvos que esta ventaniña ileghal que abrín aí atrás (aí atrás no tempo e aí atrás no espaso, dado que aghora mesmo a teño ás costas), este buratiño na parede que ofisia como os ventanucos das prisións –que nin cando é de dia/ nin cando as noites son…-, xa me está sobrando… pois por bela e variable que sexa a paisaxe, ao non variar o punto de vista ou punto de mira, faise abondo reiterativa.
Como reiterativos son os récords ghines, os óscares, os nobeles e outras cousas coas que nos enghatusan decotío. Ben sei que as personaxes e personaxiñas cambian, pero as serimonias, meudéus!, cousa máis aborresida…
En falando dos ghines ou dos milleiros de concursos calisquera que definen o mellor en cada campo… qué de parvises os homes inventamos: iso da mosa máis bela… Se cada raparigha ten o seu aquel, mesmo as que non o mostran a primeira vista, vaia! É que o mellor non existe, por aquilo de que o mellor é inimigho do bó, pois tudo isto évos unha “puritita” convensión, que dirían os mexicas.
Ighual esa competitividade de ser o máximo en cousas parvas, ou o máis ghrande: que se a paella, que se a tortilla, que se a empanada… por non mensionar máis que alghunhas delicatesen… Qué máis lle terá, digho eu!
É como cando maiormente as mulleres, pero non só, ocultan a idade: dunha ben concreta souben que, tendo se quitado des anos, si, des anos, logho tivo que aghardar eses des que lle faltaban para se xubilar… como disía o outro, aí lle deron por onde máis pecara. Ora que vos é ben común, e nunca o dei explicado, os homes se restar un ano, apenas un aniño… que rasón terían?
En tratando de ocultamentos, tamén adóitase aghochar as enfermidades ou doensas… ao tempo que outros desfrutan amarghando ao interlocutor co relato delas…
E eu, que collín esta teima escribidora, cando nunca na miña vida tal fixera –que non é o mesmo que un tal Fitzgerald- tampouco quero torturarvos por máis tempo e déixovos por hoxe, antes de máis desbarrar, esta tarefa “okupasional” coa que, de cando en ves, espanto as miñas teimudas pantasmas de coiote solitario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario