E volvemos ó mito da
vella, ¿quen é a Vella?. A Vella do arco de cores, tamén é unha “Vella”, pero
unha vella a quen non lle coñecemos a cara. Como queira que sexa, hoxe
empezamos un novo ano con vellas preguntas e con novas observacións. Xa sabedes
que de como sexa cada un destes primeiros días do ano, no que ó tempo se
refire, así será o mes correspondente segundo o ordinal, ou iso din, que nisto
das adiviñas e das sortes propiciatorias hai moitas e moi variadas, que cando
acertan porque acertan e cando non porque non estaba de Deus.
En fin, que aquí
seguimos celebrando as festas e os festexos, mirando ó ceo e a terra, pero
sempre escoitando a voz de quen nos pode contar novas cousas ou de quen nos
abre os ollos para ver con entendemento todo o que nos rodea.
Feliz ano
Ningún comentario:
Publicar un comentario