Ó santo
de Asís témolo visto con lobos, cans e paxariños en moitas das iconas que
o representan, pero cun cesto de troitas só en dúas ocasións, e as dúas en
Galicia: unha no retablo do altar maior da igrexa de san Martiño Pinario, en
Compostela, e a outra esta pequena imaxe de xoiería que se conserva no Museo da
deputación provincial de Lugo.
A razón de tal imaxe está nunha
transacción urbanística que se operou na cidade do apóstolo cando os
franciscanos, facendo votos de pobreza, decidiron instalarse preto do sepulcro
de Santiago.
Conseguir os cartos para facer a súa
casa non era doado, ninguén se fiaba daqueles mendicantes que cubrían o seu
corpo cun basto hábito de mala tea, pero, con boas mañas e inspiradas negociacións
accederon a solicitar unha especie de hipoteca a longo prazo dos monxes de san
Martiño de maneira que estes lle cedían un solar para o seu convento, con horta
incluída, a cambio de que cada ano, polo once de novembro, día do seu patrón,
os franciscanos lle levasen unha ofrenda consistente nun cesto de troitas.
Non sei cantas troitas levarán comido os de San Martiño, pero o negocio da horta dos franciscanos xa deu bos rendementos, con eses chalets adosados que fixeron pola parte de abaixo
ResponderEliminar