A palloza considérase una das
construccións máis arcaicas de Galicia, sempre adaptada ó terreo, propia ou común
nas serras orientais de Galicia, combinando na súa construcción pedra para as
paredes e colmo para o teito. Un teito moi alto e inclinado, para facilitar a
caída das augas e da neve, pero tamén para evitar que o fume de dentro da
vivenda fique á altura das persoas.
A palloza que hoxe amosamos é do
Piornedo, no extremo oriental de Galicia, nas montañas dos Ancares. Son das
poucas que quedan. Ademais destas están as do Cebreiro e algunha máis noutros
lugares do concello de Cervantes, pero segundo una catalogación do arquitecto
Pedro de Llano, no ano 1984 contou 300, repartidas entre Baleira, Baralla,
Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita, polo que
podemos concluír que están en período de extinción.
Nunha palloza conviven persoas e
animais, separados por unha parede chamada estavariza,
ademais dunha serie de aparellos ou enxoval que van permitir pasar os meses máis
fríos do ano.
Todos sabemos que unha palloza é de
planta redondeada, cabendo aquí todas as figuras xeométricas que coñecemos, xa
elipses, ovoides ou puramente redondas, con moi poucas aberturas ó exterior,
debido á necesidade de conservar a calor nos longos e fríos meses de inverno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario