A mellor solución contra calquera
maligno becho inoportuno, ladrón ou infectocontaxioso non é a morte. A primeira
lei do ecoloxismo di que todos o bechos, por moi repugnantes que sexan, son
necesarios, incluíndo ás ratas de sumidoiro; e asemade ós ratos, a pesar de que
contra el domesticouse ó gato. E como o gato non sempre dá abasto contra os
roedores, argalláronse todo tipo de solucións para protexer os bens dunha casa.
A vida no campo tamén é vida de resignación.
Unha solución contra os roedores, era
este tipo de alzadeiro tan peculiar, que se penduraba do teito, e nel
colgábanse os chourizos, pero tamén tiña esas baldas ou estantes sobre os que
se pousaban os queixos, lonxe do alcance dos ladróns que habitan o máis humilde
e honrado dos fogares, de maneira que, mantendo o producto ó aire, facilitando
a súa curación, afumado nalgúns casos, e maduración, tamén se illa de ratos e
gatos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario