O transfogueiro é un simple ferro con
patas que sirve para apoiar os troncos na lareira co fin de facilitar a súa
combustión, pois ó erguelos facilita a circulación do aire e polo tanto o lume
mantense aceso.
Vemos tansfogueiros en moitos sitios,
algúns con fermosas figuras decorativas para adornar as chemineas dos pazos,
pero hoxe detémonos nestes que atopamos na montaña de Lugo, onde os enxeñosos
ferreiros lle argallaron un soporte para poñer cuncas e manter así o seu
contido quente cando o traballo non permitía acudir coa prontitude axeitada.
Podemos dicir que era a solución de
antes de que se inventase o microondas, onde se coloca a cunca ó cabo dun longo
varal que a suxeita por encima do lume da lareira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario