Andei preguntando aquí e aló, googleando e pedindo información ás
instancias eclesiásticas, e sigo sen saber case nada da personaxe. Por iso me
animei a sacar este artiguiño, invitando ós lectores que saiban algo máis del a
axudarnos a coñecelo.
Sabemos que foi o primeiro bispo de
Lugo, aló polo século primeiro, que foi discípulo do apóstolo Santiago, que
morreu queimado en Pontegaos, na parroquia de san Lázaro da Ponte e que as súas
cinzas foron botadas nun lugar chamado Santas Masas, e nada máis.
Non sei ata onde é certa toda esta
información, pero non estaría de máis que, esta personaxe que capitanea a
fachada da catedral de Lugo fose un pouco máis coñecido.
No libro "Santoral Completo", que vén sendo unha relación de santos co día da súa celebración, da autoría do Dr. Angel Fábregas Grau, Presbítero, editado por "Librería la Hormiga de Oro, Barcelona, 1990, cuarta edición, hai dous san Capitón, un mártir e outro bispo e mártir, que supoño será o de Lugo, indica que a súa celebración é o catro de marzo. Non di máis o autor, co que seguimos sen saber moito.
ResponderEliminar