Cando falamos de muíños, sempre nos vai
a idea a esas construccións feitas a carón dos ríos, onde tantas festas se
fixeron, pero hai moitos máis, sempre adaptándose ás necesidades do usuario e á
forza motriz máis adecuada en cada lugar, xa de marea, xa de vento ou xa de man,
coma este que atopamos no Porto do Son. Un muíño caseiro, outrora moi usado e
que, coma os seus parentes maiores e máis grandes, tamén ten pé, que é a pedra
de abaixo, a moa que é a pedra que se move sobre o pé, e o ollo, polo que se
bota o gran para moer; e nesta moa, é onde vai unha especie de asa ou manceira
para facelo xirar manualmente.
Quixemos tamén sacar o detalle do
interior do ollo, onde se ven as pedras sobre as que xira a moa, o grilo ou ovo, e a ra ou cuncha, que apenas se ve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario