![]() |
Lápida funeraria |
As aves seguen centrando a
simboloxía e a iconografía nestes días, teñamos en conta que a pomba como
representación da alma do finado xa era común entre os exipcios, e cando santa
Escolástica morreu (un 10 de febreiro), desde a súa casa subiu unha pomba ó
ceo. E igualmente, cando santa Baia ou Eulalia expirou, tamén da súa boca saíu
unha pomba que subiu ó ceo. Eran as almas das finadas camiño da gloria.

Como queira que sexa, santa Baia ten asociada á súa haxiografía unha pedra en Chamín (Arteixo), chamada a "cadeira da santa", onde din que foi "parida" a santa, unha pedra cunha oquedade orientada a leste, o que nos fai supoñer que era un lugar onde se facían antigos ritos de fecundidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario