Por Pepe de Rocaforte
En San Petersburgo uns músicos
distraen á xente que espera na rúa para poder entrar a visitar o Hermitage.
Unha moza xenerosa toca o banjo no
High Line de Nova York para disfrute dos paseantes de fin de semana na cidade
dos arrañaceus.
Nas venerables rúas de Salamanca, cidade Patrimonio
da Humanidade, un músico alegra a circulación de indíxenas e turistas pola zona
monumental.
Un músico zanfonista elegantemente uniformado,
deléitanos cos sons arcaicos do seu instrumento nas rúas de Budapest.
Mentres
tanto nA Coruña, a nova Ordenanza Contra A Contaminación Acústica, coa que se
prohibirá a actuación dos músicos de rúa polas idem da cidade, aprobada polo
goberno municipal no pasado mes de xaneiro, apura a súa preparación para entrar
en vigor na próxima primavera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario