Sobre
os idus de febreiro, o que viña a cadrar sobre o día 13, os romanos celebraban
as lupercais, unhas festas nas que se
honraba a Luperco e con el invocábase a fecundidade.
A
historia comezou cando, despois de construír a muralla de Roma, os romanos, que
eran maiormente homes de armas, sentiron a necesidade de atraer mulleres á súa
cidade, co fin de perpetuar a descendencia, e daquela fixeron unha festa e
invitaron ós seus veciños sabinos coa
condición de que trouxeran ás esposas e fillas con eles; e cando todos estaban bebendo
e danzando, os romanos raptaron ás sabinas.
Deixando
agora á marxe como foi a guerra entre os veciños e como se asinou a paz, o caso
é que as sabinas raptadas negáronse a deitarse cos seus raptores, polo que
estes, invocando ós sabios e adiviños que teñen man coa divindade, solicitaron
unha solución, e esta foi que para que elas se volvesen fecundas, había que
zorregarlle cunhas correas de pel de cabrón sen curtir.
E
como aquilo deu resultado, cada ano, na cova dos lupercos, as mulleres acercábanse
para recibir uns simbólicos lategazos no plenilunio de febreiro, que lles permitise
ser fecundas.
No
ano 494 da nosa era, o papa Xelasio prohibiu estes rituais, sen embargo, como
veremos no vindeiro Entroido, o saúdo coa correa como invocación á vida, segue
presente aínda nos nosos días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario