Xa se aproxima o tempo das filloas (e o dos cocidos, e das
orellas), por iso queremos amosar esta estampa dunha filloeira de pedra dunha
casa de Peiro (Culleredo), que os seus donos quixeron conservar e, para iso,
cada ano reúnen no Carnaval e Entroido a amigos e familiares, e todos, absolutamente todos,
teñen que contribuír facendo filloas na pedra.
Non deixa de ser un síntoma da importancia que as filloas
teñen na cociña galega o feito de que se fagan aparellos especiais para
elaboralas, desde o máis común como é o usa dunha tixola, ata as tixolas
filloeiras de ferro e estas que necesitan de longas horas de quecemento, máis o
resultado é excelente.
E como a filloeira de pedra, coas cociñas eléctricas, de
inducción ou de butano ficaron apartadas da lareira, moitas acabaron
reutilizadas como material de construcción.
E aquí está esta, que lle debían faltar pedras ó canteiro cando fixo este
muro nun lugar de A Laracha, que botou man do primeiro que atopou para completar
o labor: a pedra da filloeira.
E para quen o necesite, aquí está a receita para facer filloas
E para quen o necesite, aquí está a receita para facer filloas
Ningún comentario:
Publicar un comentario