xoves, 13 de febreiro de 2014

MIA SENHOR


Por Pura Tejelo

                                                                                               Foto de Luis

















Tan alto era o Poder
que non posuías feminino
nin outra terminación
Mia senhor.

Quen senón, ti, poderías ser
como Deus, único posuidor
de tal morfema
Mi senhor.

Dono da capacidade de outorgar amor
recibiría ela o único galardón
de ser amada por
Mi senhor.

Admirada, por cualidades
que el só descubriría e vós finalmente
posuiriades,
Mía senhora.

.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-
O abano é posesión dos sres. Pérez Sueiras, adquirido nunha exposición na galería Atlantida, organizada por Yolanda Ferrer, e destinada a Fundación Vicente Ferrer.

6 comentarios:

  1. Moitas grazas¡. Supoño que unha sería porque é contemporánea, do simulacro do poema medieval, e a outra será digo eu...pola vertente feminista, ou femenina do poema. Un grande honor.
    O texto vén decir que o Poder estaba nas mans do home ( de algúns por suposto),que é o senor (mi senhor). E a muller non tiña forma en feminino era, mia senhor. Por iso o final reivindica a forma de senhora.
    Todo é un xogo irónico e literario. Tan pequeno papel tiña a muller naquel momento que asume simplemente o rol de musa, e será o home-tobador quen esciba sobre as súas virtudes.

    ResponderEliminar
  2. A denominación "mia senhor" que tan ben parece, misteriosa e cortesá, agocha unha realidade non tan linda. Tempo despois Ausias March falaba de "plena de seny".
    Peço eu a Deus por pediçon que "mia senhor" non volva e reine no mundo por sempre "plena de seny".

    ResponderEliminar
  3. Non sabía que na Idade Media non podiamos ser "Senhoras", nin que as nosas virtudes precisasen de recoñecimento previo.
    Infelizmente ainda hoxe algunhas mulleres estan a esperar ese recoñecimento. Sirva para elas, grandes señoras, este poema.
    Moi bonito, estarei atenta a novas publicacións.

    ResponderEliminar
  4. Vexo que no abano está escrito o poema. Unha boa idea, queda moi ben.

    ResponderEliminar