Segundo
Taboada Chivite, o Maio máis simple era un neno cuberto de hedras e flores que
na compaña doutros nenos cantaban ó renacer da vida e á luminosidade destes días.
En Irlanda era costume coroar de fores a unha moza. Pero, como dicimos, ó máis
común hoxe en día son os conos piramidais que tamén se poden adornar con ovos e
pans, e ás veces levan un neno dentro.
E unha das máis curiosas variantes desta figura é a usada na bisbarra da Barbanza, onde antano se protexían con ramos de xesta en flor as embarcacións e os carros, máis hogano eses ramos coroan os vehículos, xa na antena do coche ou atados ós parachoques, como elemento protector contra o mal de ollo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario